Presentación oficial del Club Airiños

El Club Airiños se presenta de manera oficial en el Concello de Salvaterra de Miño.

Presentación pública del Club Airiños
SALVATERRA EN MARCHA CO CLUBE AIRIÑOS

O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir no Salón de Actos a presentación de AIRIÑOS, un novo clube de montaña interfronteirizo e que terá a súa sede en Salvaterra de Miño.

Este clube se presenta para fomentar a armonía entre persoas amantes da natureza e para o goce de actividades nas contornas naturais, onde o RESPETO ao Medio Natural e ás persoas que comparten estas experiencias, será o principal dos valores.

“O noso maior desexo consiste en compartir a actividade de ocio que máis nos gusta, camiñar xuntos”, comenta o seu Presidente e Guía de Montaña, Isidro Castro.

Gracias a esta iniciativa, os nosos veciños e veciñas, así como calquera persoa doutro concello que o desexe, poderán visitar espazos marabillosos situados dentro das fronteiras do noso municipio, promocionando deste xeito a enorme oferta de sendas que posúe o noso Concello ao longo do Río Miño, Tea e Mendo. Ademais, grazas ao Clube Airiños se farán saídas a outros espazos naturais situados en distintos puntos da Comunidade Galega, a nosa veciña Portugal e a outros lugares da natureza que convide unha visita.

Nos comprace tamén subliñar que este clube, tanto co seu Presidente como coa Coordinadora e Guía no medio Natural, Adilia Abreu, levarán a cabo diversos plans de actuación de actividades de solidariedade e voluntariado, por medio de convenios para grupos e asociacións de persoas con discapacidade física que psíquica.

Nas vindeiras datas, O Concello publicará algunas das actividades propostas polo Clube Airiños, para que as persoas interesadas poidan inscribirse e gozar dunha actividade chea de beneficios e saúde.

Máis info consultar a páxina web do clube en: https://airinhosmontanha.com

SALVATERRA EN MARCHA CO CLUBE AIRIÑOS
A %d blogueros les gusta esto: